Nota de prensa do 18 de setembro

Publicado por Coira in

ADIF BUSCARÁ UN TRAZADO ALTERNATIVO PARA
A LIÑA DE ALTA TENSIÓN SOTERRADA
 
A Plataforma manterase vixiante e solicitará información das propostas realizadas
polos técnicos de ADIF.
 
“Coira Contra a Alta Tensión” valora dun xeito positivo e produtivo a xuntanza
mantida onte na Subdelegación do Goberno na Coruña, onde todas as partes
implicadas manifestaron a necesidade de buscar un trazado alternativo.
 
Dende hoxe, os técnicos de ADIF comezarán a deseñar un novo proxecto que sexa
viable e non supoña un impacto de tipo medioambiental ou social.
Con este obxectivo a Plataforma permanecerá vixiante, esixindo que os responsables
da obra vaian informando puntualmente a todos os veciños e veciñas de Coira e da
súa contorna próxima, con carácter previo á realización de calquera actuación.
 
Máis de 1.500 sinaturas de apoio ao manifesto
 
Na Asemblea de veciños e veciñas realizada na noite de onte acordouse seguir coa
recollida de sinaturas, que xa suma máis de 1.500 apoios ao manifesto.
Unha vez acadado o primeiro obxectivo, consistente na paralización das obras na
aldea de Coira e na procura de trazados alternativos, acordouse en Asemblea requirir
toda a información dos técnicos responsables do proxecto.
 
Coira, 18 de setembro de 2014
 
Contacto David: 646718227
Contacto Robert: 617855926
 
 
 
 
 

Coira

This information box about the author only appears if the author has biographical information. Otherwise there is not author box shown. Follow SORA on Twitter or read the blog.

0 comentarios:

Top5 Events

Peligro: Alta tensión

lugardecoira@yahoo.com