Noticia en El Correo Gallego

Publicado por Coira in

A aldea amiense de Coira, contra unha liña de alta tensión

Constitúen unha plataforma e recollen sinaturas en contra desta obra de Adif

MAR TOLEDO. AMES  | 06.09.2014 
A- A+

Os veciños da aldea amiense de Coira, limítrofe co concello de Santiago (parroquia de Laraño) están en pé de guerra contra as obras de canalización subterránea dunha liña de alta tensión que pretende atravesar este núcleo rural. O pasado luns chegaron as máquinas, que "comezaron a facer as catas e a abrir todo o camiño da aldea".
Nese momento, os veciños coñeceron as dimensión da actuación, do Ministerio de Fomento a través de Adif: tratábase dunha liña de alta tensión de 220.000 voltios para o Tren de Alta Velocidade (TAV), "catalogado cunha categoría especial", explican. Dende ese momento o obxectivo dos veciños foi paralizar a obra e o conseguiron. O pasado xoves "puxemos os coches no camiño e impedimos que pasaran as máquinas. Taparon os buratos e tiveron que irse", afirman.

Coira

This information box about the author only appears if the author has biographical information. Otherwise there is not author box shown. Follow SORA on Twitter or read the blog.

0 comentarios:

Top5 Events

Peligro: Alta tensión

lugardecoira@yahoo.com