Camisetas á venda

Publicado por Coira in

En diferentes tallas, con formato para home e para muller.
Para conseguir a túa contacta: lugardecoira@yahoo.coom
Prezo:10€

0 comentarios:

Recortes de prensa, 20 de Setembro

Publicado por Coira in



0 comentarios:

Recortes de prensa do 20 de Setembro

Publicado por Coira in


0 comentarios:

La plataforma se solidariza con casos similares

Publicado por Coira in

En la sección Blogs Amigos podéis visitar asociaciones de vecinos similares a la nuestra. Aquí tenéis varios ejemplos

0 comentarios:

Entrevista en Radio Obradoiro (click aquí)

Publicado por Coira in

Entrevista en Radio Obradoiro (click aquí)

0 comentarios:

Novas TVG do 18 Setembro

Publicado por Coira in

Publicado o 18/09/2014 14:05 : Fomento buscará un trazado alternativo para a liña de alta tensión para o AVE en Ames
  http://www.crtvg.es/informativos/fomento-buscara-un-trazado-alternativo-para-a-lina-de-alta-tension-para-o-ave-en-ames-892040


Publicado o 18/09/2014 20:45 : Técnicos de ADIF visitan Santiago e Ames para buscar trazados alternativos á liña de alta tensión para o AVE







0 comentarios:

Recortes de prensa, 18 de setembro 2014

Publicado por Coira in



0 comentarios:

Nota de prensa do 18 de setembro

Publicado por Coira in

ADIF BUSCARÁ UN TRAZADO ALTERNATIVO PARA
A LIÑA DE ALTA TENSIÓN SOTERRADA
 
A Plataforma manterase vixiante e solicitará información das propostas realizadas
polos técnicos de ADIF.
 
“Coira Contra a Alta Tensión” valora dun xeito positivo e produtivo a xuntanza
mantida onte na Subdelegación do Goberno na Coruña, onde todas as partes
implicadas manifestaron a necesidade de buscar un trazado alternativo.
 
Dende hoxe, os técnicos de ADIF comezarán a deseñar un novo proxecto que sexa
viable e non supoña un impacto de tipo medioambiental ou social.
Con este obxectivo a Plataforma permanecerá vixiante, esixindo que os responsables
da obra vaian informando puntualmente a todos os veciños e veciñas de Coira e da
súa contorna próxima, con carácter previo á realización de calquera actuación.
 
Máis de 1.500 sinaturas de apoio ao manifesto
 
Na Asemblea de veciños e veciñas realizada na noite de onte acordouse seguir coa
recollida de sinaturas, que xa suma máis de 1.500 apoios ao manifesto.
Unha vez acadado o primeiro obxectivo, consistente na paralización das obras na
aldea de Coira e na procura de trazados alternativos, acordouse en Asemblea requirir
toda a información dos técnicos responsables do proxecto.
 
Coira, 18 de setembro de 2014
 
Contacto David: 646718227
Contacto Robert: 617855926
 
 
 
 
 

0 comentarios:

Novas da prensa de hoxe

Publicado por Coira in

LA VOZ DE GALICIA

EL CORREO GALLEGO

0 comentarios:

Manifiesto de la plataforma

Publicado por Coira in

O Ministerio de Fomento e ADIF pretenden canalizar unha liña de alta tensión polo medio da aldea de Coira, nos concellos de Ames e Santiago de Compostela.

Dicimos NON a unha liña eléctrica de 220.000 voltios para o tren de Alta Velocidade (AVE), porque supón un risco evidente para as nosas vidas e para as xeracións futuras.

A liña está considerada de categoría especial conforme ao Real Decreto 223/2008 do 15 de febreiro  (BOE 19/03/2008).

OS ASINANTES ESIXIMOS:

  1. A paralización definitiva da obra
  2. Alternativas ao trazado, por zonas non habitadas
  3. A reposición do pavimento no camiño da aldea


0 comentarios:

Manifestacion 5S en Coira en El Correo Gallego

Publicado por Coira in

0 comentarios:

Noticia en El Correo Gallego

Publicado por Coira in

A aldea amiense de Coira, contra unha liña de alta tensión

Constitúen unha plataforma e recollen sinaturas en contra desta obra de Adif

MAR TOLEDO. AMES  | 06.09.2014 
A- A+

Os veciños da aldea amiense de Coira, limítrofe co concello de Santiago (parroquia de Laraño) están en pé de guerra contra as obras de canalización subterránea dunha liña de alta tensión que pretende atravesar este núcleo rural. O pasado luns chegaron as máquinas, que "comezaron a facer as catas e a abrir todo o camiño da aldea".
Nese momento, os veciños coñeceron as dimensión da actuación, do Ministerio de Fomento a través de Adif: tratábase dunha liña de alta tensión de 220.000 voltios para o Tren de Alta Velocidade (TAV), "catalogado cunha categoría especial", explican. Dende ese momento o obxectivo dos veciños foi paralizar a obra e o conseguiron. O pasado xoves "puxemos os coches no camiño e impedimos que pasaran as máquinas. Taparon os buratos e tiveron que irse", afirman.

0 comentarios:

Video del primer día de paralización de la obra

Publicado por Coira in

0 comentarios:

Informativos de la TVG (click para ver el video)

Publicado por Coira in



Veciños de Ames e Santiago crearon unha plataforma para intentar impedir a instalación dunha liña de alta tensión para o AVE que cruza polo medio dunha aldea.

A aldea afectada é a de Coira.

Din que a liña, de 220.000 volts e cualificada de categoría especial, pode ter efectos moi nocivos para a saúde e supón non poder realizar novas instalacións na pista principal do lugar. 


A tranquilidade desta aldea, a cabalo entre os concellos de Ames e Compostela, viuse alterada coa aparición dunha nota nun poste que anunciaba obras na pista principal.
"Apareceu un bando que informaba da realización dunhas obras de interconexión do AVE entre subestacións, pero non aclaraba exactamente de que se trataba. Ao día seguinte chegaron os operarios de ADIF e comezaron a levantar o pavimento da aldea. Foi falando con eles cando nos demos conta de que -pola profundidade da gabia que estaban a facer- se trataba dunha liña de alta tensión de 220.000 voltios", conta o responsable de comunicación da plataforma Coira contra a Alta Tensión.

Os veciños mobilizáronse e paralizaron as obras, pero as máquinas volveron días despois a outro punto, onde volveron paralas temporalmente. Segundo eles, a alta voltaxe instalada a pouco máis dun metro das vivendas podería ter consecuencias moi graves tanto para a aldea como para a saúde dos seus habitantes.

"Os problemas de saúde que podían traer son moi graves, parece ser. Outro tema sería que pola pista esta xa nunca se volvería a poder poñer unha instalación de ningún tipo. Outra cousa sería que por aí pasan canalizacións de auga tanto de Ames como de Santiago".
"O que pedimos é simplemente que non se poña a liña na proximidade das casas. É dicir que se coloque a liña de alta tensión, se é que teñen que colocalo, que se coloque nunha zona onde non haxa xente afectada. Porque o lugar onde o pretenden poñer non é só que estea dentro do límite de risco, senón que está practicamente á beira das casas. A menos de metro e medio nalgún caso das vivendas das persoas e iso pode provocar efectos graves sobre a saúde", conta outros dous veciños membros da plataforma.

Os veciños recibiron o apoio dende o concello de Ames, quen apunta que ao ser unha obra de grande infraestrutura non precisa de permiso municipal e que intentarán mediar para lograr unha xuntanza entre veciños e ADIF. Tamén o edil de Medio Rural de Compostela se achegou ao lugar para coñecer de preto o problema, que afecta directamente 9 viviendas de Santiago e 3 de Ames.

0 comentarios:

Top5 Events

Peligro: Alta tensión

lugardecoira@yahoo.com