O Ministerio de Fomento e ADIF pretenden canalizar unha liña de alta tensión polo
medio da aldea de Coira, nos concellos de Ames e Santiago de Compostela.
Dicimos
NON a unha liña eléctrica de 220.000
voltios para o tren de Alta Velocidade (AVE), porque supón un risco evidente para as nosas vidas e para as xeracións
futuras.
A
liña está considerada de categoría especial conforme ao Real Decreto 223/2008 do
15 de febreiro (BOE 19/03/2008).
OS ASINANTES ESIXIMOS:
- A paralización definitiva da obra
- Alternativas ao trazado, por zonas non habitadas
- A reposición do pavimento no camiño da aldea
0 comentarios: