Informativos de la TVG (click para ver el video)

Publicado por Coira in



Veciños de Ames e Santiago crearon unha plataforma para intentar impedir a instalación dunha liña de alta tensión para o AVE que cruza polo medio dunha aldea.

A aldea afectada é a de Coira.

Din que a liña, de 220.000 volts e cualificada de categoría especial, pode ter efectos moi nocivos para a saúde e supón non poder realizar novas instalacións na pista principal do lugar. 


A tranquilidade desta aldea, a cabalo entre os concellos de Ames e Compostela, viuse alterada coa aparición dunha nota nun poste que anunciaba obras na pista principal.
"Apareceu un bando que informaba da realización dunhas obras de interconexión do AVE entre subestacións, pero non aclaraba exactamente de que se trataba. Ao día seguinte chegaron os operarios de ADIF e comezaron a levantar o pavimento da aldea. Foi falando con eles cando nos demos conta de que -pola profundidade da gabia que estaban a facer- se trataba dunha liña de alta tensión de 220.000 voltios", conta o responsable de comunicación da plataforma Coira contra a Alta Tensión.

Os veciños mobilizáronse e paralizaron as obras, pero as máquinas volveron días despois a outro punto, onde volveron paralas temporalmente. Segundo eles, a alta voltaxe instalada a pouco máis dun metro das vivendas podería ter consecuencias moi graves tanto para a aldea como para a saúde dos seus habitantes.

"Os problemas de saúde que podían traer son moi graves, parece ser. Outro tema sería que pola pista esta xa nunca se volvería a poder poñer unha instalación de ningún tipo. Outra cousa sería que por aí pasan canalizacións de auga tanto de Ames como de Santiago".
"O que pedimos é simplemente que non se poña a liña na proximidade das casas. É dicir que se coloque a liña de alta tensión, se é que teñen que colocalo, que se coloque nunha zona onde non haxa xente afectada. Porque o lugar onde o pretenden poñer non é só que estea dentro do límite de risco, senón que está practicamente á beira das casas. A menos de metro e medio nalgún caso das vivendas das persoas e iso pode provocar efectos graves sobre a saúde", conta outros dous veciños membros da plataforma.

Os veciños recibiron o apoio dende o concello de Ames, quen apunta que ao ser unha obra de grande infraestrutura non precisa de permiso municipal e que intentarán mediar para lograr unha xuntanza entre veciños e ADIF. Tamén o edil de Medio Rural de Compostela se achegou ao lugar para coñecer de preto o problema, que afecta directamente 9 viviendas de Santiago e 3 de Ames.

Coira

This information box about the author only appears if the author has biographical information. Otherwise there is not author box shown. Follow SORA on Twitter or read the blog.

0 comentarios:

Top5 Events

Peligro: Alta tensión

lugardecoira@yahoo.com