Creada asociacion. Noticia

Publicado por Coira in

0 comentarios:

Nota de prensa 10 Noviembre 2014

Publicado por Coira in


https://dochub.com/roisantos/Dx85X/20141110_nota-de-prensa-coira-13

0 comentarios:

NOTA DE PRENSA

Publicado por Coira in


OS VECIÑOS E VECIÑAS ESIXIMOS SOTERRAR A ACTUAL LIÑA AÉREA DE ALTA TENSIÓN NO VIADUTO DO CASAL 

A Plataforma solicita información ao Concello de Santiago sobre a proposta de acordo definitivo e os planos de detalle da liña eléctrica do ADIF.

A Plataforma veciñal Coira Contra a Alta Tensión decidiu, na Asemblea celebrada onte no local social de Laraño, solicitar de novo ao Alcalde de Santiago de Compostela, Agustín Hernández, unha resposta á proposta de acordo definitivo presentada no Concello de Santiago o pasado 16 de outubro.

Os veciños e veciñas de Coira, O Casal e Laraño esiximos información sobre o trazado e os planos de detalle, antes de que o ADIF retome as obras de canalización dunha liña de 220.000 voltios no viaduto do Casal.

A proposta veciñal consiste en desmontar e soterrar a actual liña aérea de alta tensión, como compensación da compañía eléctrica e o ADIF ao trazado dunha segunda liña polo mesmo lugar, na proximidade a varias vivendas (nos puntos 2 e 3 do plano que achegamos).
Plano facilitado por ADIF o 8/10/14 onde figura o trazado das liñas de alta tensión (en vermello e azul), así como o lugar onde coincidiría coa liña aérea de AT xa existente e a cámara de empalme CE (círculo vermello nos puntos 2 e 3).

Coira, 30 de outubro de 2014 

Contacto David: 646718227 Contacto Robert: 617855926

0 comentarios:

Nuevo trazado

Publicado por Coira in

0 comentarios:

Recortes prensa 7-10 octubre

Publicado por Coira in

0 comentarios:

RTVG 10 de Octubre

Publicado por Coira in




http://www.crtvg.es/informativos/despois-das-presion-dos-vecinos-adif-cambia-o-trazado-da-lina-de-alta-tension-do-ave-en-coira-no-concello-de-ames-906565


0 comentarios:

Prensa 9 Octubre

Publicado por Coira in






0 comentarios:

Nota de prensa 7 de Octubre

Publicado por Coira in


https://drive.google.com/file/d/0B05TvpuGFyXTTXBBWmI4Z1h1dTA/view?usp=sharing

0 comentarios:

Camisetas á venda

Publicado por Coira in

En diferentes tallas, con formato para home e para muller.
Para conseguir a túa contacta: lugardecoira@yahoo.coom
Prezo:10€

0 comentarios:

Recortes de prensa, 20 de Setembro

Publicado por Coira in



0 comentarios:

Recortes de prensa do 20 de Setembro

Publicado por Coira in


0 comentarios:

La plataforma se solidariza con casos similares

Publicado por Coira in

En la sección Blogs Amigos podéis visitar asociaciones de vecinos similares a la nuestra. Aquí tenéis varios ejemplos

0 comentarios:

Entrevista en Radio Obradoiro (click aquí)

Publicado por Coira in

Entrevista en Radio Obradoiro (click aquí)

0 comentarios:

Novas TVG do 18 Setembro

Publicado por Coira in

Publicado o 18/09/2014 14:05 : Fomento buscará un trazado alternativo para a liña de alta tensión para o AVE en Ames
  http://www.crtvg.es/informativos/fomento-buscara-un-trazado-alternativo-para-a-lina-de-alta-tension-para-o-ave-en-ames-892040


Publicado o 18/09/2014 20:45 : Técnicos de ADIF visitan Santiago e Ames para buscar trazados alternativos á liña de alta tensión para o AVE







0 comentarios:

Recortes de prensa, 18 de setembro 2014

Publicado por Coira in



0 comentarios:

Nota de prensa do 18 de setembro

Publicado por Coira in

ADIF BUSCARÁ UN TRAZADO ALTERNATIVO PARA
A LIÑA DE ALTA TENSIÓN SOTERRADA
 
A Plataforma manterase vixiante e solicitará información das propostas realizadas
polos técnicos de ADIF.
 
“Coira Contra a Alta Tensión” valora dun xeito positivo e produtivo a xuntanza
mantida onte na Subdelegación do Goberno na Coruña, onde todas as partes
implicadas manifestaron a necesidade de buscar un trazado alternativo.
 
Dende hoxe, os técnicos de ADIF comezarán a deseñar un novo proxecto que sexa
viable e non supoña un impacto de tipo medioambiental ou social.
Con este obxectivo a Plataforma permanecerá vixiante, esixindo que os responsables
da obra vaian informando puntualmente a todos os veciños e veciñas de Coira e da
súa contorna próxima, con carácter previo á realización de calquera actuación.
 
Máis de 1.500 sinaturas de apoio ao manifesto
 
Na Asemblea de veciños e veciñas realizada na noite de onte acordouse seguir coa
recollida de sinaturas, que xa suma máis de 1.500 apoios ao manifesto.
Unha vez acadado o primeiro obxectivo, consistente na paralización das obras na
aldea de Coira e na procura de trazados alternativos, acordouse en Asemblea requirir
toda a información dos técnicos responsables do proxecto.
 
Coira, 18 de setembro de 2014
 
Contacto David: 646718227
Contacto Robert: 617855926
 
 
 
 
 

0 comentarios:

Novas da prensa de hoxe

Publicado por Coira in

LA VOZ DE GALICIA

EL CORREO GALLEGO

0 comentarios:

Manifiesto de la plataforma

Publicado por Coira in

O Ministerio de Fomento e ADIF pretenden canalizar unha liña de alta tensión polo medio da aldea de Coira, nos concellos de Ames e Santiago de Compostela.

Dicimos NON a unha liña eléctrica de 220.000 voltios para o tren de Alta Velocidade (AVE), porque supón un risco evidente para as nosas vidas e para as xeracións futuras.

A liña está considerada de categoría especial conforme ao Real Decreto 223/2008 do 15 de febreiro  (BOE 19/03/2008).

OS ASINANTES ESIXIMOS:

  1. A paralización definitiva da obra
  2. Alternativas ao trazado, por zonas non habitadas
  3. A reposición do pavimento no camiño da aldea


0 comentarios:

Manifestacion 5S en Coira en El Correo Gallego

Publicado por Coira in

0 comentarios:

Noticia en El Correo Gallego

Publicado por Coira in

A aldea amiense de Coira, contra unha liña de alta tensión

Constitúen unha plataforma e recollen sinaturas en contra desta obra de Adif

MAR TOLEDO. AMES  | 06.09.2014 
A- A+

Os veciños da aldea amiense de Coira, limítrofe co concello de Santiago (parroquia de Laraño) están en pé de guerra contra as obras de canalización subterránea dunha liña de alta tensión que pretende atravesar este núcleo rural. O pasado luns chegaron as máquinas, que "comezaron a facer as catas e a abrir todo o camiño da aldea".
Nese momento, os veciños coñeceron as dimensión da actuación, do Ministerio de Fomento a través de Adif: tratábase dunha liña de alta tensión de 220.000 voltios para o Tren de Alta Velocidade (TAV), "catalogado cunha categoría especial", explican. Dende ese momento o obxectivo dos veciños foi paralizar a obra e o conseguiron. O pasado xoves "puxemos os coches no camiño e impedimos que pasaran as máquinas. Taparon os buratos e tiveron que irse", afirman.

0 comentarios:

Video del primer día de paralización de la obra

Publicado por Coira in

0 comentarios:

Informativos de la TVG (click para ver el video)

Publicado por Coira in



Veciños de Ames e Santiago crearon unha plataforma para intentar impedir a instalación dunha liña de alta tensión para o AVE que cruza polo medio dunha aldea.

A aldea afectada é a de Coira.

Din que a liña, de 220.000 volts e cualificada de categoría especial, pode ter efectos moi nocivos para a saúde e supón non poder realizar novas instalacións na pista principal do lugar. 


A tranquilidade desta aldea, a cabalo entre os concellos de Ames e Compostela, viuse alterada coa aparición dunha nota nun poste que anunciaba obras na pista principal.
"Apareceu un bando que informaba da realización dunhas obras de interconexión do AVE entre subestacións, pero non aclaraba exactamente de que se trataba. Ao día seguinte chegaron os operarios de ADIF e comezaron a levantar o pavimento da aldea. Foi falando con eles cando nos demos conta de que -pola profundidade da gabia que estaban a facer- se trataba dunha liña de alta tensión de 220.000 voltios", conta o responsable de comunicación da plataforma Coira contra a Alta Tensión.

Os veciños mobilizáronse e paralizaron as obras, pero as máquinas volveron días despois a outro punto, onde volveron paralas temporalmente. Segundo eles, a alta voltaxe instalada a pouco máis dun metro das vivendas podería ter consecuencias moi graves tanto para a aldea como para a saúde dos seus habitantes.

"Os problemas de saúde que podían traer son moi graves, parece ser. Outro tema sería que pola pista esta xa nunca se volvería a poder poñer unha instalación de ningún tipo. Outra cousa sería que por aí pasan canalizacións de auga tanto de Ames como de Santiago".
"O que pedimos é simplemente que non se poña a liña na proximidade das casas. É dicir que se coloque a liña de alta tensión, se é que teñen que colocalo, que se coloque nunha zona onde non haxa xente afectada. Porque o lugar onde o pretenden poñer non é só que estea dentro do límite de risco, senón que está practicamente á beira das casas. A menos de metro e medio nalgún caso das vivendas das persoas e iso pode provocar efectos graves sobre a saúde", conta outros dous veciños membros da plataforma.

Os veciños recibiron o apoio dende o concello de Ames, quen apunta que ao ser unha obra de grande infraestrutura non precisa de permiso municipal e que intentarán mediar para lograr unha xuntanza entre veciños e ADIF. Tamén o edil de Medio Rural de Compostela se achegou ao lugar para coñecer de preto o problema, que afecta directamente 9 viviendas de Santiago e 3 de Ames.

0 comentarios:

Recogida de firmas

Publicado por Coira in

Estamos reuniendo firmas para la paralización definitiva de las obras en la dirección del núcleo de la aldea de Coira

0 comentarios:

Santiago Amor ratificó el apoyo expresado en la protesta del viernes firmando el manifiesto

Publicado por Coira in


Os veciños de Coira e o ADIF estudarán alternativas á liña de alta tensión do AVE

Os residentes advirten dos efectos perniciosos que os 220.000 voltios de corrente poden ter para a súa saúde

2 votos
Os veciños de Coira concentráronse onte e colocaron pancartas contra o proxecto. xoán a. adoitar
Os veciños de Coira, unha pequena aldea de 70 habitantes situada entre Ames e Santiago, non están dispostos a vivir o resto das súas vidas cunha liña de alta tensión de 220.000 voltios baixo os seus pés. O ADIF quere este tendido subterráneo para atender unha subestación que abastecerá ao tramo do AVE que pasa polo lugar. Os coirenses oponse rotundamente e onte comezaron a recoller firmas contra o proxecto e organizaron unha concentración de protesta que reuniu a toda a localidade. Temen, sobre todo, os efectos perniciosos que a instalación poida provocarlles. «Hai moitos estudos nos que se relacionan as liñas de alta tensión co alzhéimer ou con cancro. Non imos permitir que xoguen co noso futuro e co dos nosos fillos», advirte David, un dos portavoces do colectivo.
Na concentración de onte estivo presente o alcalde de Ames, Santiago Amor (PP), que se ofreceu a mediar entre os veciños e o ADIF. O rexedor explicou que a semana que vén terá lugar unha reunión no Concello para buscar alternativas que satisfagan aos veciños. Eles xa advirten que non van aceptar compensacións de ningún tipo e que o único que asumirán é que se desvíe a liña de alta tensión do AVE .
Obras paralizadas
Mentres non se chega a un acordo, o alcalde amiense solicitou á empresa encargada das obras que as paralice. Santiago Amor púxose en contacto ademais co seu homólogo de Compostela, Agustín Hernández (PP), para informarlle dunha situación que tamén lle afecta, xa que toda a zona sur de Coira está no termo municipal da capital. «Os veciños necesitan máis información sobre o proxecto, porque non a tiveron debido a que esta é unha obra do Ministerio de Fomento. Imos facer todo o posible por que a teñan e por buscar solucións», explicou Amor.
Os veciños están dispostos a todo para defender a aldea. «Como se nos temos que amarrar ás máquinas», advirten. Días atrás xa cruzaron os coches na pista central do lugar, ao longo da cal iría a liña de alta tensión. Así lograron deter uns traballos que están agora suspendidos. O seguinte paso será constituírse en plataforma para continuar coas súas reivindicacións ata que logren evitar que o tendido cos seus 220.000 voltios parta en dous o seu fogar.



0 comentarios:

Top5 Events

Peligro: Alta tensión

lugardecoira@yahoo.com