NOTA DE PRENSA

Publicado por Coira in


OS VECIÑOS E VECIÑAS ESIXIMOS SOTERRAR A ACTUAL LIÑA AÉREA DE ALTA TENSIÓN NO VIADUTO DO CASAL 

A Plataforma solicita información ao Concello de Santiago sobre a proposta de acordo definitivo e os planos de detalle da liña eléctrica do ADIF.

A Plataforma veciñal Coira Contra a Alta Tensión decidiu, na Asemblea celebrada onte no local social de Laraño, solicitar de novo ao Alcalde de Santiago de Compostela, Agustín Hernández, unha resposta á proposta de acordo definitivo presentada no Concello de Santiago o pasado 16 de outubro.

Os veciños e veciñas de Coira, O Casal e Laraño esiximos información sobre o trazado e os planos de detalle, antes de que o ADIF retome as obras de canalización dunha liña de 220.000 voltios no viaduto do Casal.

A proposta veciñal consiste en desmontar e soterrar a actual liña aérea de alta tensión, como compensación da compañía eléctrica e o ADIF ao trazado dunha segunda liña polo mesmo lugar, na proximidade a varias vivendas (nos puntos 2 e 3 do plano que achegamos).
Plano facilitado por ADIF o 8/10/14 onde figura o trazado das liñas de alta tensión (en vermello e azul), así como o lugar onde coincidiría coa liña aérea de AT xa existente e a cámara de empalme CE (círculo vermello nos puntos 2 e 3).

Coira, 30 de outubro de 2014 

Contacto David: 646718227 Contacto Robert: 617855926

Coira

This information box about the author only appears if the author has biographical information. Otherwise there is not author box shown. Follow SORA on Twitter or read the blog.

0 comentarios:

Top5 Events

Peligro: Alta tensión

lugardecoira@yahoo.com